Proxecto realizado polas aulas de 1ºC, 4ºD e 4ºF de Educación Primaria do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo (A Coruña) para o concurso internacional "Wisibilízalas"


Este proxecto xorde despois de coñecer a proposta do concurso internacional Wisibilízalas, cuxo obxectivo principal é destacar a loita da muller contra os estereotipos que asocian o traballo científico, únicamente co xénero masculino.

A través deste proxecto pretendemos conseguir varios obxectivos:

  1. Dar visibilidade a mulleres que estudaron carreiras de ciencias e desenvolven a súa actividade profesional nese ámbito.
  2. Potenciar referentes femininos no ámbito da ciencia e a tecnoloxía próximos, mulleres que estudaron no noso centro, que viven no noso concello ou que teñen alumnado matriculado no centro.
  3. Coñecer novas mulleres referentes nos ámbitos científicos e que traballan en profesións.
  4. Xerar reflexión na escola e na aula sobre a visibilidade das mulleres na ciencia e as posibilidades de futuro.
  5. Achegar información real sobre os diferentes desempeños nas carreiras de ciencias.

O equipo de ArteixoStem está formado por alumnado de 1º e 4º curso de Educación Primaria do CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo.

No noso sitio web atoparedes mulleres arteixáns, galegas, españolas ou de México que traballan preto de nós ou non, e que coa súa aportación espertaron a curiosidade polas carreiras científicas, enxeñerías e desenvolvemento das TIC, sen distinción de xénero.

Convidámosvos a que coñezades a estas mulleres referentes que se caracterizan por ser unhas bravas mulleres loitadoras que perseguiron os seus soños e nunca, nunca, deixaron de loitar por eles.

Equipo #ArteixoStem

#ARTEIXOSTEM NAS REDES

MERGE CUBE

DIPLOMAS