intelixencias

2024

VI Edición Premio Stephen Hawking

COORDINADORA: Dra. AMPARO ALONSO BETANZOS

 Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961) licenciouse en Química coa especialidade de Química Industrial (1984) e doutorouse en Física (1988) na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén cursou estudos na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo.

O foco do seu traballo investigador dirixíuse á área da informática biomédica a través do desenvolvemento da súa tese de doutoramento, estudando a aplicación de técnicas informáticas en campos relacionados coa medicina e a clínica, e máis concretamente na monitorización antenatal. 

Completou a súa formación posdoctoral no Medical College de Georgia (EEUU), traballando no desenvolvemento de Sistemas Expertos para aplicacións médicas. Posteriormente centrou o seu labor científico nas aplicacións de Intelixencia artificial en ámbitos tan distintos como o medio ambiente, a saúde e a industria, así como nos avances en algoritmos de machine learning

É catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial da Universidade da Coruña (UDC), onde desde o ano 1990 coordina o Grupo LIDA (Laboratorio de I+D en Intelixencia artificial) pertencente ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), compaxinando o labor docente e investigador. Actualmente é a comisionada desta Universidade para o desenvolvemento do nodo de Intelixencia artificial da Cidade das TIC na Coruña.

En 1998 foi a primeira española becada no Programa L’Oréal-Unesco For Women in Science. En 2018, sendo parte do Grupo de Traballo en Intelixencia artificial, asesorou na redacción da Estratexia Española en Intelixencia artificial e actualmente forma parte do Consello Asesor de Intelixencia Artificial do Goberno de España. En 2020 recibíu o Premio María Josefa Wonenburger Planells, outorgado pola Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

A súa experiencia como pioneira nesta área e o compromiso co avance no campo das TIC en España, levouna á presidencia da Asociación Española de Intelixencia artificial e a ser experta de referencia tanto da Comisión Europea, como membro da “Reserve List” do High Level Expert Group on Artificial Intelligence (AI HLG), como do Executivo español. 

Ademais de ser unha firme defensora das aplicacións da intelixencia artificial, ten un forte compromiso coa igualdade de xénero en ciencia, formando oparte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo. Como ela ten afirmado en diferentes ocasións: As veces, sen querer, facemos sentir que as ciencias son habilidades mais masculinas, e non é certo. A ciencia non é nin masculina nin femenina”.

DATAS  PARA LEMBRAR:

1 de Marzo: envío da autoría e título do traballo   (Formulario de inscrición)

20 de Marzo: envío da memoria do traballo.

10 de Abril: envío  do póster e do video.

12 de Abril: listaxe de traballos seleccionados.

19 de Abril: defensa pública dos traballos seleccionados