Benvid@, como membro do Equipo será preciso que leves a cabo unha investigación sobre xogos tradicionais galegos, deberás explorar numerosas fontes e selecionar os contidos que mellor se adapten ao que buscas. O obxectivo é elaborar un minucioso informe sobre o xogo para enviarllo ao Comité Olímpico Internacional e así atopar un xogo que motive aos máis cativos a facer deporte.
Mais terás a axuda de outros tres membros así que non te preocupes, entre os catro deberedes ser quen de investigar sobre a historia do voso xogo e chegado o día explicarllo ao resto da clase, cunha demostración práctica por suposto.
Lembra que ben seguro na túa casa hai quen che poida axudar...