Ben, toca comezar a traballar, ten presente que si a vosa investigación é boa pode que o voso xogo se convirta de novo na actividade de moda e poidades axudar a nosa sociedade a facer máis deporte e salvala dun futuro impreciso.
Unha das cousas máis importantes para levar a cabo unha magnífica investigación é traballar en grupo, saberse escoitar uns a outros e traballar xuntos hacia o mesmo obxectivo. E se nalgún momento non atopades o que buscades, non dubidedes en preguntarlle ao docente, el é un membro máis do equipo. Antes de nada é preciso que revisedes os puntos a tratar para non deixar ningún aspecto sen analizar
Pois dito isto, así comezaremos...
Sesión 1: FORMAMOS GRUPOS E ESCOLLEMOS XOGOS
Como en todo equipo, existe un líder, no noso será o docente, quen formará os grupos de traballo, cada grupo formado por catro alumnos/as que se encargarán de investigar un xogo.
ACTIVIDADE 1:
Antes de nada, contestaredes individualmente a estas estas breves cuestións sobre os vosos coñecementos sobre xogos tradicionais.
ACTIVIDADE 2:
Unha vez respostadas as preguntas deberedes realizar o máis importante da vosa investigación escoller o suxeito a investigar, é dicir, o xogo popular. Para iso visitade este blog onde se atopan unha gran cantidade de xogos populares. Para que a vosa elección sexa a correcta revisade esta rubrica.
Unha vez realizadas estas dúas actividades poderedes completar a Introducción.
Sesión 2 e 3: ANÁLISE DO XOGO
Durante esta sesión debedes investigar a historia do voso xogo. Se fixestes unha boa selección na anterior sesión os xogos que teredes serán: "As catro esquinas", "O Pano", "A pita cega", "Salto á corda" ou "Tirar da corda".
ACTIVIDADE 3:
Acá atoparedes todo o que precisades para realizar unha análise perfecta.
Tras esta actividade poderes completar os aprtados de orixe, regras e variantes. O voso informe para o Comite Olímpico está case listo!!
Sesión 4: COMO XOGAMOS??
Tras coñecer a perfección a procedencia do voso xogo e as súas regras, é a hora de practicalo.
ACTIVIDADE 4
Acá tedes uns vídeos e imaxes modelo para a práctica do voso xogo.
Ao acabar esta actividade xa seredes capaces de practicar o voso xogo, e polo tanto ensinallo aos osos compañeiros.
Sesión 5: REFLEXIÓN FINAL
Esta será a última sesión de traballo, na cal só deberedes facer un resumen do que supuxo para vos esta investigacaión.
ACTIVIDADE 5
Para esta actividade simplemente tedes que completar individualmente esta ficha.
Tras esta última actividade a investigación para o Comité Olímpico Internacional xa estaría case rematada, só queda o último punto.
Sesión 6: A XOGAR!
A fin chegou o día de xogar, é a hora de ensinarlle a todos os compañeiros/as o que estivestes aprendendo durante toda a investigación. E agora si que si a investigación está rematada, ben seguro que realizaste unha magnífica tarefa que ao Comité Olímpico Internacional seralle de gran utilidade para salvar ó planeta.
GRAZAS POR FORMAR PARTE DESTE EQUIPO!!