CONTEXTUALIACIÓN
Esta webquest foi elaborada para nenos e nenas de 5º e 6º curso de Educación Primaria, nela preténdese que e conciencien da importancia de facer deporte e que aprendan a traballar en grupo ao tempo que interactuan con información de Internet desenrolando capacidades paradiscriminala.
Encádrase na área de Ciencias Sociais. A duración estimada sería de 6 sesións, aínda que poden variar en función do número de alumnos/as.
OBXECTIVOS CURRICULARES
Dacordo cos obxectivos xerais de Educación Primaria (Art. 3, Decreto 105/2014)
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
COMPETENCIAS
Dacordo coas competencias clave (Art. 5, Decreto 105/2014)
Comunicación lingüística (CCL). Na lectura comprensiva das instruccións das actividades tanto como na lectura das fontes de información.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT). Na busqueda de información na rede.
Competencia dixital (CD). Na utilización de Internet ao longo do proceso.
Competencias sociais e cívicas (CSC). No traballo colaborativo, e todo o que iso implica, como toma de decisións resolución de confictos...
CONTIDOS
Dacordo cos contidos da área de Ciencias Sociais (Decreto 105/2014)
B4.4. O patrimonio histórico, cultural e artístico. Coidado e conservación.
B1.2. Proposta de traballo que xurda dun problema, acontecemento ou inquietude e que supoña un proceso de investigación e acción que garanta participación activa do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.
B1.3. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso mediante o uso do cartafol e comunicación das conclusións.
B1.5. Emprego de técnicas de estudo individual e de estratexias de traballo cooperativo. Valoración do esforzo e coidado do material.
B3.2. Manifestacións culturais e lingüísticas de Galicia
FONTES
Información: Toda a información que se proporciona sae de páxinas web públicas con libre acceso.
Vídeos: Todos os vídeos empregados proceden de Youtube.
Imaxes: As imaxes empregadas son todas de dominio público.
AUTOR
Grupo: Kola Kao
Integrantes: Pablo Iglesias Gómez, Samuel López Gil, Rubén Nóvoa Nogueiras e Javier Pérez Gómez.