A persoa encargada de realizar a avaliación será o líder do equipo, é dicir, o docente. Será quen comprobe que o voso traballo cumpre cas expectativas desexadas. Así que sería preciso que lle botarades unha ollada aos criterios que terá en conta. Recordade que ao rematar a investigación deberedes entregarlle xunto co informe do voso xogo, todas as fichas que completastes até o momento.
Pero como para levar a cabo a investigación tivestes que traballar en equipo será preciso que avaliedes tamén esa experiencia de colaboración.