Segundo datos da Organización Mundial da Saúde a obesidade en nenos e nenas pequenos aumentou máis dun 25% dende 1990 ata 2016 e se non cambiamos os nosos hábitos de vida, todo indica que esta situación empeorará. Tamén é ben sabido por todos que cada vez máis os cativos prefiren quedar nas súas casas xogando a videoconsolas que saír á rúa.
Esta información non pasou desapercibida no Comité Olímpico Internacional, quen contactou directamente co noso centro solicitando a creación urxente dun equipo de especialistas para devolver a actualidade xogos tradicionais e adiviña...
TI FORMAS PARTE DESE EQUIPO
Precisamos a túa axuda para levar a cabo a investigación e posta en práctica de xogos que ben seguro teus antecesores practicaron no seu día. Unha tarefa complicada, sen dúbida, pero para a que ben seguro estás capacitad@
ÁNIMO!!