Ruth Matilda Anderson e Walter Ebeling

Unha vez plantexado o proxecto, dende o Departamento de Debuxo comezamos o proceso de documentación sobre a vida en A Fonsagrada durante os últimos 100 anos.

Unha das fontes visuais máis importantes sobre o comenzo do século XX en A Fonsagrada son as fotografías realizadas por dous fotógrafos extranxeiros: por un lado a norteamericana Ruth Matilda Anderson, fotógrafa e investigadora enviada pola Hispanic Society of America de Nova Iork, e por outro o alemán Walter Ebling, discípulo dun etnógrafo, que reflectiron coas súas fotografías as costumes e a vida cotiá da vila entre os anos 1925 e 1928.

Así, decidimos aproximarnos ao proxecto dun xeito moi visual, centrandonos no traballo destes dous fotógrafos e achegándonos a el dun xeito persoal: serían os propios alumnos e alumnas os que apareceran como modelos reproducindo as escenas amosadas polos fotógrafos hai cen anos, nos mesmos escenarios, coa mesma vestimenta, as mesmas ferramentas, as mesmas actitudes… (ou o máis parecidos posible). Para elo analizamos as imáxes, estudando os planos, a contorna e os personaxes, e os rapaces fixeron unha labor de recopilación de material e complementos (vestimenta, ferramentas,…) para poder imitar aos personaxes das fotografías. Determinamos as localizacións máis idóneas para poder facer o traballo, e saímos ás rúas do pobo para disparar as fotografías.

Unha vez realizadas se presentaron contrapostas coas orixinais.

En paralelo a este traballo, e para seguer percibindo e analizando o ambiente do século XX, o alumnado fixo unha recopilación de fotografías da época nas súas casas, algunhas delas con cen anos de antigüidade.

Todas estas fotografías (as relacionadas coas dos fotógrafos Anderson e Ebeling, e as traídas polos estudiantes) forman parte da exposición conxunta con todos os traballos que forman parte do proxecto “Vivindo en dous tempos”.