Escape Room no Museo da Fonsagrada

O xoves 26 de abril os alumnos de 1º BAC de Literatura Universal e Inglés realizaron unha Escape Room literaria no Museo da Fonsagrada para os alumnos de 1º e 2º ESO. Partindo dun autor galego, tiñan que chegar a outro autor a través das pistas que se atopaban en distintos lugares do Museo e as que algúns persoaxes lles ían facilitando na súa búsqueda. Parabéns aos alumnos de 1º BAC que tan ben deseñaron e realizaron a Escape Room e parabéns tamén aos participantes. Foi moi divertida e valeu como actividade de motivación para os alumnos de 1º e 2º ESO que agora van aprender cómo se clasifican as pezas nun museo para a clasificación das pezas da Exposición Temporal que están preparando!

Escape room.m4v