O noso proxecto

Vivindo en dous tempos é un proxecto realizado polo IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada

Neste curso 2017/18 o IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada entrou a participar no Proxecto Piteas, Programa de Formación e Mentoring para o desenvolvemento do talento, que está promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

No noso Proxecto Vivindo en dous tempos os alumnos recollen vivencias do último século na comarca atendendo aos aspectos culturais, sociais, demográficos, etnográficos e climáticos máis salientables. Este proxecto pretende facer unha posta en valor do patrimonio da comarca e da historia do noso concello.

Iremos recollendo o noso traballo por aquí, así que pasade a vernos!