O clima

A evolución do clima na Fonsagrada

O alumnado de 1ºESO do IES Fontem Albei comezou a estudar os posibles efectos que o cambio climático poido provocar na Fonsagrada.

Para levar a cabo este estudo, os departamentos de Matemáticas, Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía levaron a cabo unha serie de actividades:

1º. Colocouse ao alumnado en situación. Ensinúoselles fotografías de diferentes rexións do mundo cunha diferenza de 100 anos para que eles/as tomasen conciencia dos cambios acaecidos. Posteriormente, acotouse o espazo e buscáronse fotos da zona cunha diferenza tamén de 100 anos para que tomasen de novo conciencia dos cambios que observaban na súa zona.

2º. Víronse fragmentos da película “Animals United” baseada no libro “La conferencia de los animales/ El hombre pequeñito” para que tomaran consciencia da importancia da auga para todos os seres vivos e como determinadas actitudes levadas a cabo polo home poden prexudicar a fauna e a flora dunha determinada rexión levando incluso a súa extinción.

3º. Creáronse táboas de datos sobre a cantidade de auga caída e a temperatura media observada hai 100 anos e posteriormente, cotexáronse cos datos actuais.

4º. Cos datos obtidos realizáronse varios climogramas en papel e en Power Point co fin de comparar datos de hai 100 anos cos datos actuais.

5º. Coas conclusións obtidas polo alumnado creouse un pequeno xornal e tamén un poster no que comparaban as cantidades de auga caída por metro cadrado, en determinados periodos de tempo e rexións.