A poboación

Coa inquedanza por saber máis cousas de antes, e para poder facer unha comparativa, os alumnos de matemáticas de 1º e 2º de ESO deseñaron e levaron a cabo unha enquisa comparativa entre os nosos tempos e os de fai cen anos. Os protagonistas foron os alumnos de hoxe e os seus avós e bisavós, que eran os que vivían hai cen anos. Gráficas, táboas, pirámides de poboación (en colaboración cos profes de Tecnoloxía) foron os resultados. Por último, as alumnas de 4º de ESO fixeron unha posta en común dos datos e unha ampliación da análise estatística.