Pulo á investigación

Vocación investigadora

Promovemos a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria e tendo en conta a perspectiva de xénero

Metodoloxía científica

Favorecemos unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica

Competencias sociais

Facilitamos no proceso de aprendizaxe do alumnado o desenvolvemento de competencias transversais como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global.

Comunicación

Melloramos as destrezas comunicativas e expresivas (orais e escritas), tanto nas linguas cooficiais como nas linguas estranxeiras presentes na etapa educativa, con énfase na comunicación e divulgación científica.

Autonomía e cooperación

Proporcionamos unha relación mais estreita entre o profesorado e o alumnado co fin da elaboración de investigacións de xeito conxunto, facilitando unha aprendizaxe do alumnado eficaz e cada vez máis autónoma

Competencia dixital

Traballamos en contextos que favorecen un pleno desenvolvemento das competencias dixitais