Metodoloxía formativa

Metodoloxía por proxectos

Cun enfoque interdisciplinario e mediante unha metodoloxía por proxectos abordamos o tratamento informacional e mediático con prácticas activas baseadas nunha aprendizaxe contextualizada e apoiada pola realidade social do alumno, no que os compañeiros xogan un papel esencial.

Learning by doing

É fundamental poñer en práctica procedementos e estratexias activas, pois séguese a máxima de learning by doing, a investigar apréndese investigando. Isto é o espírito subxacente do proxecto, simplemente servir de guía metodolóxica ós alumnos e alumnas que se inician na problemática da investigación a través da propia inmersión na práctica da investigación escolar.

Procesos de traballo grupais

Os alumnos participan e comparten tarefas, asumindo responsabilidades e comportamentos de colaboración que logo no futuro lle van a servir para a súa inserción laboral

Oportunidades de aprendizaxe informacional e mediático

Os alumnos empregan estratéxicamente as ferramentas dixitais axeitadas ao traballo que teñen que desenvolver, nun proceso que, en xeral, abrangue os seguintes pasos metodolóxicos: o recoñecemento de onde e como se obtén información (incluíndo todo tipo de fontes: orais, impresas e dixitais), como se avalía esta criticamente, como se organiza axeitadamente, e finalmente, como se usa de xeito ético