A avaliación no STEMbach

Avaliación formativa e continua

A avaliación é de carácter formativa ao longo dos dous cursos; é dicir, sirve de estratexia de análise y coñecemento do grao de adquisición dos contidos e habilidades por parte do alumnado, así como da súa implicación, interese e satisfacción no curso.

A avaliación é continua, non se circunscribe a un ámbito temporal concreto, senón que recolle, analiza e valora os datos relevantes ao longo de todo o seu desenvolvemento.

Aínda que o proceso de investigación é continuado, hai dous momentos que se consideran habitualmente de especial relevancia e, polo tanto, cobran especial atención na avaliación formativa, por seren a expresión documental do nivel que acadou o/a estudante como investigador/a novel: a proposta de investigación e o traballo final de investigación

A proposta de investigación

Correspóndese temporalmente coa culminación do primeiro curso de afondamento (1º Bacharelato) e consiste na presentación dun documento de proposta de investigación que conteña o tema, problema e preguntas ou hipóteses, a xustificación da investigación, unha primeira aproximación ao marco teórico e unha descripción da metodoloxía e métodos que se van empregar.

O traballo final de investigación

O procedemento concreto de avaliación deste instrumento ven recollido expresamente na Resolución do 22 de maio de 2019