Máis alá das fronteiras da aula


Difundir a ciencia

O proxecto aspira tamén a ir máis alá das actividades circunscritas estritamente ó espazo de aula. O seu enfoque interdisciplinario e comunicativo facilita este obxectivo. Para iso propoñemos que ao final de calquera proceso de investigación, os resultados en forma de documento de investigación ou simplemente en forma de esquemas, presentacións ou pósters pódense expoñer na biblioteca do centro, ou publicarse en blogues creados a estes efectos ou incluso, segundo a súa relevancia, presentarse para a publicación en revistas científicas especializadas.