STEMbach

O IES Salvador de Madariaga oferta a materia extracurricular de STEMBach inscrita no proxecto educativo de centro, que inclúe como liña mestra a formación do alumnado na investigación científica coa axuda das ferramentas TIC.

A nosa proposta trata de aportar ao alumnado de bacharelato unha formación básica e sólida na metodoloxía da investigación e do estudo, tal como se deberá desenvolver logo na etapa académica universitaria.

Na organización da proposta partimos de que unha formación STEM é beneficiosa para calquera estudante que proxecte continuar estudos superiores, máis alá de que sexan ou non estudos de perfil técnico. Partindo desta premisa, buscamos formar un grupo con alumnos procedentes de distintos grupos de referencia, pertencentes a distintas modalidades de Bacharelato e con intereses curriculares moi diversos.