O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal achegar á rapazada a realidade da sociedade feminina galega. Baixo a perspectiva do empoderamento, buscaremos referentes e traballaremos para lograr un mundo onde a igualdade entre os homes e as mulleres sexa real. A participación neste proxecto vainos permitir coñecer mulleres que mudaron o mundo en silencio e ás que lle queremos dar voz e recoñecemento.
¿Que queremos?
Coñecer figuras femininas cun papel relevante na historia da cultura galega, facendo fincapé no eido científico e deportivo.
Sensibilizar sobre as diferentes formas de violencia de xénero e crear conciencia da mesma.
Recoñecer os estereotipos de xénero que nos rodean e buscar alternativas que non dependan do xénero.
Neste recuncho web queremos recoller todo o noso traballo e invitarvos a formar parte del.