Este ano o Día das Letras Galegas estará dedicado ás 'cantareiras', mulleres que preservaron e transmitiron o cancioneiro popular galego ao longo dos séculos.
Este recoñecemento céntrase en figuras como Adolfina e Rosa Casás Rama de Cerceda, Eva Castiñeira de Muxía, e Prudencia e Asunción Garrido xunto con Manuela Lema, integrantes das Pandeireteiras de Mens en Malpica.
Neste espazo imos recoller todas as actividades que levamos a cabo para poñer en valor o labor das cantareiras na preservación e difusión da tradición oral e musical de Galicia.