Un grupo do alumnado de 4º de E.P acudeu ás aulas de E.I para contarlle o conto de "Daniela Pirata" aos máis pequenos do cole. A través desta obra traballamos a igualdade de xénero así como o valor do sacrificio e o esforzo por acadar un soño.
Fixeron actividades interactivas no taboleiro dixital e cada un decorou a súa bandeira pirata co debuxo de Daniela e unha característica positiva dela. Logo colocamos todas as bandeiras no "Caimán Negro".