O alumnado de Educación Infantil traballa contos centrados na igualdade de xénero, onde os personaxes rompen cos estereotipos e nos amosan que todos e todas podemos ser quen queiramos ser. Os contos, escollidos da biblioteca do centro, forman parte dun proxecto que une lectura e educación en valores desde as primeiras etapas.
A través da lectura e o xogo, reflexionarán sobre o valor do respecto, a liberdade de elección e a importancia do bo trato nas relacións cotiás. Porque educar en igualdade tamén é contar contos diferentes… contos que sementan futuro.
¿LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA?
Mirade a de cousas que poden facer as princesas!
A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES