O martes 4 de febreiro tivemos o privilexio de recibir no noso centro ás autoras da colección de biografías ilustradas Mulleres Galegas. Durante o encontro, achegáronnos á figura das Cantareiras, enriquecendo a charla cunha ilustración en directo e coa interpretación de diversas cantigas a cargo dunha cantareira, quen as acompañou con diferentes instrumentos.
Ademais, tivemos a sorte de aprender a debuxar unha cantareira da man da ilustradora e todos nos animamos a crear a nosa propia ilustración. Foi unha experiencia inesquecible!