CEIP MILLADOIRO

PVAD 

(23-24)


No presente curso 2023-2024, o noso centro participa nun Plan Proxecta relacionado coa actividade física e a saúde. O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares. 
Este programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 
Dende a área de Educación Física leváronse a cabo unha serie de iniciativas co obxecto de aumentar a actividade física do alumnado que están recollidas no menú da parte superior.