CAMIÑO DOS FAROS
CAMIÑO DOS FAROS
Dentro das distintas iniciativas lanzadas dende o centro para contribuir ao aumento de actividade física do alumnado atopábase a de facer un tramo dunha etapa do Camiño dos Faros. Esta é unha das actividades que busca aproveitar os recursos da contorna para ocupar o tempo de lecer de maneira activa e positiva. Queremos converter esta actividade coma unha tradición coma se están a converter outras iniciativas coma a Xornada sobre Rodas ou o Surf. O tramo comprendeu un total de 8 kilómetros que todos os nenos e nenas compretaron sen dificultade, facendo as paradas necesarias para hidratarse, merendar, traballar a orientación e contemplar as fermosas e espectaculares vistas que nos regalou este fermoso camiño.
Acceso á entrada do blog e galería de imaxes na seguinte ligazón: 👉 Camiños dos Faros
Ramón, José Manuel, Andrea e Cecilia (integrantes da asociación Salitre) foron os guías desta ruta; Rubén (Policía local) e Iván (protección civil) colaboraron e puxeron todo o que estivo da súa man para que o Camiño fose seguro, ameno e didáctico, pois foron varias as lendas que estoitamos de Ramón mentras realizabamos a ruta.
A ruta empezou no IES Urbano Lugrís, subimos ata o cumio do Monte Beo onde disfrutamos dunhas vistas espectaculares e traballamos a orientación; despois decendimos polas antenas ata a capela de San Adrián onde merendamos e fixemos xogos ao aire libre para que posteriormente reanudáramos a marcha ata chegar de volta ao instituto.
Os acompañantes puxeron todo da súa parte para que a experiencia fose completamente estupenda en todos os sentidos. O alumnado portouse excepcionalmente ben e completou o camiño na súa totalidade; as vistas, a merenda e o bo ambiente puxo a guinda nesta actividade que pouco a pouco estase a converter nunha tradición. Agradecemento de novo a todo o operativo que nos permitiu desfrutar dunha xornada deportiva e saudable ao aire libre. O curso que ven repetiremos!