XOGOS NA PRAIA



O alumnado de educación infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria desfrutaron dunha xornada deportiva na praia de Canido. Fixemos o clásico quencemento e logo comezamos coa sesión. Houbo momento para todo: fixemos xogos populares como o pano ou a bomba, xogamos con material alternativo como o paracaídas, as palas de velcro ou os frisbis e tamén houbo tempo para xogar de forma libre. Divertirse en medios do entorno natural que nos ofrece a contorna facendo deporte é unha das mellores maneiras de ocupar o noso tempo de lecer, así que no verán xa sabedes...a xogar na praia!!

Acceso as entradas do blog 

👉 Educación Infantil

👉 Primeiro ciclo

Xogos co paracaídas

Un dos xogos que máis expectación levantou foi o paracaídas. Levamos a cabo varios xogos coma o saúdo, o cogomelo, a cabana ou o seu preferido que é o tiburón e os socorristas!!

Na praia de Canido

Desprazámonos andando a praia de Canido, sopraba un pouco o nordés e algunha bisera escou voando, pero as gañas por xogar impuxéronse e pasamos unha mañá moi divertida!!

Xogos populares

Xogamos a xogos populares moi recoñecidos coma o pano, a araña, carreiras de relevos ou a bomba para dar paso finalmente ao momento do xogo libre co material deportivo.