Este luns 17 de xuño, o alumnado de todo o centro pasou polo pavillón co seu vehículo sobre rodas (patinetes, patíns, monopatíns...) para desfrutar da xornada sobre rodas que levamos poñendo en marcha os últimos cursos no centro.
Foi outra experiencia xenial na que os alumnos e alumnas de 6º de Primaria exerceron de policías, colaborando e axudando aos máis pequenos e pequenas a realizar o circuito correctamente. Explicaron o circuito e as sinais máis coñecidas para que a xornada transcorrera ¨sobre rodas¨, dende aquí os nosos parabéns!!!
Coñecemos as sinais máis importantes contribuíndo así ao desenvolvemento da educación vial.
Houbo vehículos de todo tipo (patíns, monopatíns, bicis, patinetes, motos...) que foron compartidos entre os a as participantes.
Dende educación infantil ata o terceiro ciclo desfrutaron desta xornada lúdica, deportiva e pedagóxica na que destacou a cooperación entre o alumnado
Os policías tiveron que empregarse a fondo para que todo saíse a perfección... gran traballo alumnado de 6º!!!