XOGADE: APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

Surf na praia de Area Maior

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou na xornada de inciación de surf a cargo da academia ONE SURF Academy de Malpica de Bergantiños.

Os monitores foron Hugo Roi e Toni, que nos puxeron as cousas máis que fáciles para desfrutar dunha xornada aventureira chea de adrenalina. Finalizamos o día camiñando de volta ao centro.

Quncememento na area con xogos populares

Previamente, antes de iniciar as actividades na auga, o alumnado fixo unha serie de exercicios de quencemento , ademais das pautas técnicas para levar a cabo a evolución (dende tumbados na táboa ata aacabar poñéndose de pé...) despois pouco a pouco foron probando as distintas posicións ata rematar collendo olas... de pe!!!

Alumnado do 2º Ciclo

O alumnado do segundo ciclo foi o martes 4 de xuño e o alumnado do terceiro ciclo o luns 3 de xuño. A xornada dividíase en dúas partes, mentras un grupo estaba na auga cos monitores Roi e Hugo, o outro grupo estaba con Toni traballando contidos de coidado do medioambiente, sostenibilidade e respeto polas praias e medios mariños. 

2º CICLO (3º e 4º EP)

Podedes acceder ao contido do blog e galería de imaxes premendo na seguinte ligazón:

👉   Surf 2º Ciclo


3º CICLO (5º e 6º EP)

Acceso a entrada no blog e galería de imaxes para o segundo ciclo na seguinte ligazón:

👉  Surf 3º Ciclo