Iniciamos o presente curso 2023-2024 trocando o PDI dos pasados dous cursos (Nós patrimonio in-material) polo dos vindeiros dous anos (Medicus curat natura sanat)
A continuación facilitamos as distintas entradas nas que se trataron diferentes contidos relacionados coa saúde e o benestar: Clicando sobre as ligazóns, accederase a entrada do blog e ao podcast correspondente:
Tratamos os primeiros auxilios orientados a aqueles accidentes que podemos sufrir no cole coma escordaduras, traumatismos, feridas ou a picadura dunha faneca brava na praia cando facemos surf.
Desenvolvimos na radio aspectos coma a alimentación, a importancia da hixiene persoal e o coidado do corpo, os efectos beneficiosos das actividades físicas e deportivas ou como evitar os hábitos tóxicos para a saúde.
Radio Balea segue a ser unha ferramenta moi motivadora e enriquecedora para o alumnado de todas as idades, desenvolvemos contidos traballando a búsqueda da información, a lectura e a memoria...así coma moitos outros aspectos importantes para a competencia en comunicación lingüística (CCL)
O alumnado de 6º de educación primaria exerceu de novo coma técnicos de son. Os máis veteráns chegan xa rodados no seu último ano no centro e axudan aos máis pequenos a iniciarse na radio. Parabéns polo voso compromiso, votarémosvos de menos!!