Valoración

Como conclusión, podemos resaltar que atopamos dificultades durante este proceso. Por exemplo, tivemos que buscar receitas para que a maioría dos nosos convidados e convidadas puideran desfrutalas; xa que quixemos facer un menú inclusivo.

O proceso de selección de receitas foi lento, costounos decidir cales escollíamos e buscar os mellores prezos. Reflexionamos sobre as dificultades que teñen as persoas con algunha intolerancia, e démonos conta de que hai produtos que son máis caros.

Mais houbo tamén moitos aspectos positivos. Ao traballar en equipos cooperativos conseguimos avanzar máis rápido e foi máis fácil organizarnos.

Ademais fixemos algo orixinal e divertido. Nas clases de lingua castelá e matemáticas non se soe facer galletas. Aprendemos estas dúas materias de maneira diferente, nun contexto da vida real, o que nos axudou a entender certos conceptos como fraccións equivalentes e perífrases verbais.