En lingua castelá analizamos as características dos textos instrutivos e centrámonos nas receitas de cociña. O noso obxectivo era redactar a nosa propia receita e para iso tiñamos que coñecer que tipo de palabras e de oracións deberiamos empregrar, así como a súa estrutura.
En matemáticas fixemos cambios de medida, tivemos que facer cálculos e costes. As receitas que tiñamos eran para 10 ou 12 persoas, por iso, tivemos que cambiar as cantidades tendo en conta o número de convidados. E, por último, calculamos os costes para presentar ao profesorado.