O obrador

Mentres os nosos compañeiros e compañeiras de 4ºESO de tecnoloxía deseñaron os moldes das galletas empregando o logo da biblioteca; e comezaron a imprimilos na impresora 3D.

O venres, día 31 de xaneiro, montamos o noso obrador nunha das aulas de tecnoloxía. Ese día fixemos as galletas os sete equipos cooperativos sen glute, o luns 3 de febreiro as galletas sen azúcre e o martes 4 de febreiro as de manteiga.

Ao mesmo tempo na biblioteca o resto de equipos elaborou as etiquetas que indican os ingredientes de cada unha das galletas.

Estas etiquetas van acompañadas dunhas receitas moi especiais que fan que cada unha destas galletas sexa diferente: receitas para ser feliz, para non contar metiras, para non ser soberbio... Esta idea xurdiu de nós mais inspirounos para facelas a lectura do libro Recetas de lluvia y azúcar.