O grupo de axudantes da biblioteca deseñou unha visita guiada pola biblioteca para amosar como traballan e cal é a finalidade de cada un destes recunchos. Cada un responsabilizouse dunha zona. Durante varios días ensaiaron nos recreos.
O día da inauguración ensinaron con ilusión este novo espazo.
Esta visita foi enriquecida coas achegas do alumnado do club de lectura, club de escoita e club de letras, así coma o de excelencia matemática e lingüística. Os asistentes puideron gozar da lectura coma se estiveran no noso club de escoita, disfrutaron co truco de maxia do alumnado de excelencia matemática e coñeceron o traballo do club de reporteiros e reporteiras formado pola rapazada de excelencia lingüística.