O alumnado de ITI encargámonos da publicidade do evento. Deseñamos os carteis que locen na entrada do centro e creamos as invitacións que recibiron os convidaos e convidadas.
Previamente tivemos que indagar que información ha de ter un cartel e unha invitación. Aprendemos a deseñar tendo en conta o contido, a empregar imaxes sen dereitos de autor, a poñer os logos nun cartel, etc...