Este ano nas aulas de 1º ESO integramos as materias de matemáticas e de lingua castelá traballando diferentes propostas que van xurdindo ao longo do curso. Son pequenos proxectos nos cales cambiamos o xeito de traballar, os espazos e os tempos.
A nosa segunda tarefa que comezou no mes de xaneiro neste espazo. Estabamos dúas aulas de primeiro participando nun obradoiro de escritura coas nosas profes de lingua castelá cando recibimos a visita de Eva, a directora. Comentounos que proximamente inauguraríase a nosa biblioteca e que lles compría a nosa axuda.
A partir de aí comezamos unha reflexión e posta en común sobre que poderiamos facer. Decidimos partir do que estabamos a traballar en cada materia: por unha banda, cálculos, fraccións, cambios de medida en matemáticas, e, por outra, o texto instrutivo en lingua castelá.
E... voilá! Xa o tiñamos. Por que non preparamos a clausura do acto? Por que non preparamos o ágape? Tivemos que decidir que tería que ser algo fácil de facer e de comer.
Así que ao día seguinte comezamos a ver e ler diferentes recetas. Decidimos que o máis factible era facer galletas.
Mais... de que tipo? E aquí xurdiu unha inquedanza. Temos que facer galletas para todos e todas, así que intentamos abranguer un grupo significativo de intolerancias. Por exemplo, pensamos que ningunha galleta debería ter froitos secos.
Por tanto, comezamos a traballar a partir de diferentes receitas. Cada equipo cooperativo de cada aula traballou a partir da súa receitas.