O RÍO MIÑO

NACEMENTO

O Nacemento do río Miño ten lugar no “Pedregal de Irimia” da denominada Serra de Meira que está situada a uns 695 metros de altitude, no concello do noroeste de Lugo, Meira.

A xente que visita este lugar, di que camiñando entre as pedras, óese a auga por baixo pero non se ve. Logo máis abaixo xa é un rego.

O nacente do río Miño está na Serra de Meira, moi preto, a 4 km., do pobo do mesmo nome.

O Pedregal de Meira

PERCORRIDO

O primeiro percorrido do río Miño ten una lonxitude de 40 quilómetros de longo, faino pola Meseta de Lugo (Terra Chá).

Nunha segunta etapa,o río Miño percorre 76 quilómetros pasando pola fronteira de España e Portugal.

A conca do río Miño conta con 17.026 km²

DESEMBOCADURA

O río Miño morre no Océano Atlántico, onde forma un estuario.

Imaxe do estuario e precioso vídeo que amosa as vistas panorámicas da desembocadura.

AFLUENTES

Os principais afluentes do río Miño son o río Sil, o río Neira, o río Avia, o río Barbantiño e o río Búbal.

Sil

Nace na Cordillera Cantábrica, ao pé de Peña Orniz, a 1980 m. de altitude, na Comarca de Laciana (León) e desemboca no río Miño nos Peares, facendo linde entre as provincias de Lugo e Ourense. É o principal afluente do Miño, o máis longo (228 km.) e o máis caudaloso. É tamén o afluente do río Miño máis importante e realmente leva bastante máis auga que o río Miño. De feito é famosa a frase " O río Miño leva a fama e o río Sil leva a auga". Efectivamente o caudal medio do río Miño está en 102 m3/s mentras que o do río Sil é de 184 m3/s.

Río Sil na desembocadura no Miño, nos Peares

Avia

O río Avia nace na serra do Suído, preto de Avión, concretamente en Fonte Avia, parroquia de Abelenda. Desemboca no río Miño pola dereita preto de Ribadavia, no Couto do Frade.

Desembocadura do río Avia no Miño

Neira

O Neira Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un percorrido de 56 km. e desemboca no río Miño entre os Concellos O Paramo e O Corgo.

Río Neira

Barbantiño

É un afluente do río Miño pola dereita, nace a 600 m. de altitude ó pé da Maxariza. en Sta. Cruz de Arrabaldo desemboca no río Miño, xa no encoro de Castrelo de Miño.

O Barbantiño ao seu paso polo concello de Amoeiro

Búbal

Este río desemboca no río Miño nos Peares, case á mesma altura que o Río Sil, que o fai pola esquerda.

O Bubal nace na serra Martiña, pasa por terras de Chantada e na parte final afonda unha impresionante canle antes de desembocar no río Miño, despois de 30 km, nos Peares.