LENDA DO RÍO MIÑO e SIL

Lenda do nacemento dos ríos Miño e Sil


"...Esta lenda está vencellada a mitoloxía. Según a mesma, o deus Xúpiter, desexando facer unha viaxe, seguiu coa vista os movementos da terra co gallo de escoller un lugar onde pasar unha tempada, pois a vida no Olimpo, a forza de ser repetitiva, chega a cansar.

Unha vez que o deus fixo a súa elección, e como a viaxe non ía ser de contado, fíxolle unha marca de arriba a abaixo na terra para non esquecerse; tal marca resultou ser o río Miño.

Entón a Xuno, muller de Xúpiter, entráronlle ciumes por non contar con ela para tal viaxe, ademais de sospeitar que podería tratarse dunha aventura amorosa, das que tanto gustaban ao deus.

Daquela, a muller de Xúpiter fixo unha fenda aínda máis fonda que a do seu home, formando así o canón do río Sil. Xúpiter, moi enoxado polo comportamento da súa muller, obrigouna a vivir no fondo do canón. Pasado un tempo, o deus amerceouse de Xuno e retiroulle o castigo e, como símbolo do seu amor, permitiu que o río Sil e o Miño se xuntasen..."


A fenda azul é o RÍO MIÑO e a fenda verde é o RÍO SIL

Xupiter castigou a súa muller, que debía andar a altura de Parada do Sil, máis ou menos, onde o canón era máis fondo, de maneira que as fendas estaban separadas, a altura da desembocadura hoxe do río Cabe, máis ou menos.

Menos mal que Xupiter perdoou a Xuno e hoxe o RÍO MIÑO leva tamén a auga do RÍO SIL. , cubrindo a zona que non estaba fendida, e facendo que chegase o río Miño, concretamente nos Peares; por suposto sendo un río marabilloso...

Fonte: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. de Xosé Lois Ripalda