DATOS TÉCNICOS

Trátase dunha ponte de arco feita en pedra que é de uso peonil. Ten unha lonxitude total de 208,3 metros e unha altura de 33,26 m.

Descrición:

A ponte vella é unha ponte singular debido a súa antigüidade. Os poderosos cinco arcos que ten, máis ben os tres do medio que están xusto por riba da auga, presentan a singular beleza dun ollo único que ve pasar todo aquel barco que se lle presente para atravesala. Pero isto non é o único, tamén é unha gran forma de atraer turistas ou persoas interesadas na historia e, como non, enriquecer a cultura galega un pouco máis.

A Ponte Vella rivaliza cos seus 2000 anos coa Ponte Milenio (unha das máis novas de Ourense).

As súas características básicas defínena como unha construción en cadeira almofada nas pilastras, empregando perpiaño da zona de Reza. Ten unha lonxitude de 370 metros sostida por sete arcos oxivais, excepto dous deles. A data da súa construción inicial sitúaa no século I d. C; pero ao longo da súa prolongada existencia sufriu unha serie de modificacións.

Arriba Ponte Vella, abaixo a Ponte Milenio desde un dos seus ollos

Arco central da Ponte

O arco central ten unha altura de 33,26 m. é unha luz de 38,20 m. Este arco foi todo un problema ó longo dos séculos.

O arco da esquerda está asentado en coios, penas e granitos descompostos sen compactar.

No medio hai sobre 10 m de profundidade.

Placa que ilustra as características principais da ponte.

Deixamos aquí unha interesante referencia á ponte no amplísimo estudo do enxeñeiro Federico Macau Vilar publicado na ROP do ano 1962 e tomo 2962 no que se fai unha completa descrición do seu estado:

[...] Esta ponte, construída en sillería granítica de diferentes épocas, ten unha lonxitude aproximada de 370 metros e consta de 7 arcos aínda que primitivamente puidese ter 11 arcos. Os que se ven actualmente teñen variadas luces e formas: os dos extremos e o quinto (parte naciente marxe dereita) son de medio punto e o resto, apuntados e con traza medieval. O central ten unha luz de 43,70 metros e unha flecha de 38 metros e polas súas dimensións, é o arco maior que existe en España na súa tipoloxía e poida que tamén o sexa do mundo. Os outros, van diminuíndo en luces cara a extremos. Estes arcos apóianse en pilas de aspecto robusto aínda que de sección en planta irregular e moi distintas unhas doutras. A extraordinaria pluviosidad do inverno de 1.959 deu lugar á aparición de fortes empuxes laterais que a mampostería antiga e moderna non puido contrarrestar, acusando esta debilidade a aparición de gretas en todo o paramento e o despegue de superficies de contacto nas distintas fábricas construídas en variadas épocas. Tamén habemos de efectuar un detido exame da cimentación pois é certo que estes desperfectos puidesen estar ocasionados polo movemento no seu asento.