O río que pasa polo centro da vila e baixo esta ponte é o río Cabe. Nace na Serra do Courel e é afluente do río Sil. Conta cunha lonxitude de 56 quilómetros e transcorre, entre outros municipios, por Monforte de Lemos. Ocupa unha extensión de 1577 hectáreas. Na época romana era coñecido co nome de Chalibe.
As súas ribeiras na vila son zonas verdes moi transitadas, tamén se pode navegar e ademas hai unha ruta a pé polo seu cauce saíndo da confluencia da rúa Vilanova coa rúa Morìn, e seguindo o cauce ata o club de glof, O campo Ponte de O Porto, A Parte e volta.
Son 14 Kms a ruta ('http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=241819')