A coroa de lume
É unha lenda medieval relacionada co sepulcro dun abade que está no mosteiro de Monforte, e con un corredor subterráneo entre o pazo e a igraxa de San Vicente.
Hai lendas de tradición oral e escrita moi semellantes en Alemania, pode ser polo tanto de orixe xermánica.
O argumento xira arredor dun pasadizo subterráneo, que unía o pazo condal de Monforte de Lemos coa igrexa de San Vicente do Pino, e que construíra, sen que o propio conde o soubera, o abade do Monasterio benedictino de San Vicente para poder manter unha relación amorosa coa propia filla do conde; nalgunhas versións, non é a filla, senón a propia esposa.
Enterado do lío amoroso, o conde decide invitar ao abade a unha gran comida; cando dá orde de que se traian os postres, un servinte do propio conde leva unha coroa de ferro, que está ardendo, coa que realizan a coroación do abade, o que lle vai provocar a morte.
Sepulcro do Abade García, no Mosterio de San Vicente do Pino, de Monforte de Lemos; unha das dúas sepulturas popularmente relacionadas coa lenda.
Manuel Murguía, Otero Pedrayo, e outros autores relacionan este sarcófago coa lenda. Otero Pedrayo afirma que :
“abierta hace muchos años la caja, se encontró el cráneo con huellas del círculo de fuego”.
Tal e como recolle Germán Vázquez en “Historia de Monforte”, no sarcófago pódense apreciar marcas de palancas e ocos ennegrecidos produto dos curiosos que ao longo da historia tentaron ver os restos coa axuda de fachos e mecheiros, costume entre a rapazada da localidade.
Naturalmente, hai outra versión con máis documentación histórica, e outra tumba ben conservada para sustentala, podedes acceder a ela :