Monforte de Lemos (Montis Forte) é unha cidade situada ao sur na provincia de Lugo, na comarca de Terra de Lemos e na Ribeira Sacra.Tivo o seu maior esplendor durante os séculos XVI e XVII, xa que foi capital do Condado de Lemos. A chegada do ferrocarril a finais do século XIX, converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia.
Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cidade- fortaleza feudal, arredor dun mosterio, con un castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) rodeado por un recinto amurallado de torres defensivas.
Cidade monumental con singulares edificios entre os que hai que salientar:
Mosterio de San Vicente do Pino
Ubicado no alto do monte en pleno centro da cidade, o Mosterio de San Vicente do Pino domina as vistas panorámicas de Monforte de Lemos. O complexo monacal É utilizado como Parador Nacional.
Vídeo de presentación da cidade
Colexio de Nosa Señora da Antigua
Á beira do río Cabe o conxunto monacal do Colexio de Nosa Señora da Antigua, coñecido como O Escorial de Galicia, construído a finais do século XVI polo cardeal Rodrigo de Castro.
Convento de Santa Clara
Á beira da Ponte vella, o Convento de Santa Clara é famoso por albergar un dos mellores museos de arte sacro de España