A tradición di que a ponte é de orixe romana, e foi reedificada por Pedro Rodríguez Remberde a finais do século XVI.
Ten seis arcos semicirculares, dous tapados polas reformas posteriores. A un lado está o Convento das Clarisas e ao outro a zona comercial do casco histórico da vila.
Desde a ponte pode accederse aos paseos polas beiras do Cabe.
A calzada é de 3’90 metros de ancho, e o estado de conservación é moi bo
Os taxamáns (parte dun apoio ou pila dunha ponte para cortar a auga e diminuír o seu empuxe), son apuntados e de planta triangular, formando uns pequenos apartadoiros
Nunha “Relación Descrición dos Estados de Lemos”, realizada no século XI dise que: “a ponte ten 5 arcos e que ten 125 varas de longo e 7 de ancho, con oito ollos grandes e pequenos”.
Tres dos seus arcos teñen luces cuxa altura é superior aos 11 metros; outro, o do lado dereito, ten parte do seu corpo soterrado, pero é moi probable que teñan luces semellantes. A súa apertura é de 7’80 metros.