O Planetario Matías Vázquez, naceu polo empeño dun profesor do IES A Pinguela, Matías, co propósito de fomentar o interés pola ciencia, en concreto da Astronomía. Ca axuda dun grupo de alumnos/as moi entusiastas, que colaboraron co seu proxecto. Durante o seu inicio, él mesmo diseñou e realizou todos os materiais necesarios para poder proxectar constelacións, e mostralas na cúpula. A día de hoxe se conserva no Planetario e pódese mostrar.
As instalaciones están dentro do recinto do IES A Pinguela, onde os alumnos/as do centro, poden disfrutar das actividades, que nel se realizan.
O Planetario, non só está aberto ao alumnado do propio centro, se non tamén a outros centros educativos, mediante solicitude de visita guiada.
Matías Vázquez: "A idea, parte do éxito que tivo un primeiro planetario que me axudaron a levantar uns alumnos/as moi participativos alá polos 90 e que viu a luz en abril do 91. Como o número de visitas era considerablemente grande, decidimos construír o actual para o que se prestou moi oportunamente o Concello a través de Escola Taller, e en consecuencia, o actual planetario ve a luz, logo dun sen fin de inconvenientes, en abril do 96"