As visitas guiadas no Planetario Matías Vázquez, órganízanse durante o período escolar, da seguinte maneira:
Tempo recomendado para un grupo de 20-30 alumnos: 60 minutos.
Niveis recomendados: Primaria, ESO, Bacharelato e calquera grupo de entusiastas da Astronomía.
Proxectaremos o ceo á latitude da nosa cidade 42º 30' e pasearemos dunha constelación a outra seguindo os Camiños das Estrelas. Percorreremos o firmamento mes a mes localizando as constelacións predominantes en cada época do ano e desganando a súa vinculación mitolóxica.
Coñecerás os nomes das estrelas máis brillantes e como has de facer para chegar a elas.