O inverno de 2025-2026 no hemisferio norte comezará o día 21 de decembro de 2025 ás 16 horas 3 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana). Esta estación durará aproximadamente 88 días e 23 horas, e terminará o 20 de marzo de 2026 co comezo da primavera.
O inicio do inverno no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o Sol presenta a súa máxima declinación sur. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa menor elevación sobre o horizonte ao mediodía e describe no ceo o arco máis curto. Como resultado, ese é o día con menos horas de Sol do ano. Ademais, durante varios días a altura máxima do Sol ao mediodía parece non cambiar, e debido a iso, ao comezo do inverno tamén se lle chama solsticio de inverno (do latín solstitium, Sol quieto).
O comezo do inverno no hemisferio norte coincide co comezo do verán no hemisferio sur.
As auroras, son un fenómeno luminoso e colorido, causado pola interacción de partículas solares coa atmosfera terrestre. Según a súa localización xeográfica, temos, auroras boreales, que ocorren no hemisferio norte, e austrais, no hemisferio sur. As partículas solares, ao entrar na atmosfera, interaccionan co osíxeno e o nitróxeno, e así temos as diferentes cores. O osíxeno é o causante da cor verde e vermella, dependendo da altitude. O nitróxeno produce cores máis rosáceas e púrpuras, nas zonas máis baixas.
O outono de 2025 no hemisferio norte comezará o día 22 de setembro ás 20 horas 19 minutos hora oficial peninsular. Esta estación durará aprox. 89 días e 21 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.
O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de outono.
Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.
Eclipse Lunar é un fenómeno polo cal a Terra impide que a luz do Sol chegue ata a Lúa, xerando un cono de sombra que escurece á Lúa e adquiere unha cor vermella.
A eclipse total, en Lugo, empeza ás 19:31 e remata ás 20:53. A Lúa sae ás 20:53, polo que veremos a fase final da eclipse.
Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.
As Perseidas, é unha choiva de meteoros ( chamados "estrelas fugaces") que sucede todos os anos cara ao 12 de agosto. As Perseidas tamén reciben o nome popular de "bágoas de San Lorenzo" pola proximidade do máximo da choiva de meteoros ao 10 de agosto, día da festividade do mártir español do mesmo nome.
Qué se espera en 2025?
En 2025, o máximo das Perseidas producirase o día 12 de agosto cara ás 22 horas de tempo oficial peninsular. Por desgraza, a Lúa acabará de pasar a súa fase chea, polo que estará moi iluminada. Os mellores momentos para observar a choiva neses días serán xusto despois do ocaso, antes de que salga o noso satélite ou mentres se atope moi baixo no ceo.
Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.
O verán de 2025 no hemisferio norte comezará o día 21 de xuño ás 4 horas 42 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional. Esta estación durará aproximadamente 93 días e 16 horas, e terminará o 22 de setembro, co comezo do outono.
O inicio do verán no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o Sol presenta a súa máxima declinación norte. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa maior elevación sobre o horizonte ao mediodía e describe no ceo o arco máis longo. Como resultado, ese é o día con máis horas de Sol do ano. Ademais, durante varios días a altura máxima do Sol ao mediodía parece non cambiar, e debido a iso, ao comezo do verán tamén se lle chama solsticio de verán (do latín solstitium, Sol quieto).
O comezo do verán no hemisferio norte coincide co comezo do inverno no hemisferio sur.
Denomínase tránsito ao paso dun planeta por diante da superficie do Sol. Dende a Terra só se poden ver os tránsitos dos planetas máis interiores: Mercurio (uns 13 por século) e Venus (uns trece por milenio).
Prodúcense cando o Sol, o planeta interior e a Terra atópanse perfectamente alineados. A rareza destes fenómenos débese á pequena inclinación existente entre as órbitas dos planetas.
Durante a mañá do sábado 29 de marzo de 2025 será posible observar dende España, un eclipse parcial de Sol que alcanzará unha magnitude máxima superior a 0,4 no extremo noroeste da península, superior a 0,3 nas Illas Canarias e o oeste peninsular e superior a 0,2 no leste da península e Baleares. Para realizar unha observación segura da eclipse consultar a páxina de precaucións.
Durante a noite do 14 de marzo de 2025 será posible observar unha eclipse total de Lúa, que será visible desde gran parte do mundo e que en España poderá verse como total no centro e oeste da península, as Illas Canarias, Ceuta e Melilla. A observación da eclipse pódese realizar a simple vista, e non entraña ningún perigo, nin require ningún tipo de instrumentación especial.