Neste curso académico, na materia de Proxecto Competencial de 1º ESO, estase a traballar unidades didácticas, relacionadas ca Astronomía.
Por exemplo, ca súa profesora Mercedes, fixeron maquetas explicando cando se produce unha Eclipse Solar.
O alumnado de 2º ESO da materia Tecnoloxía e Dixitalización, xunto ca súa profesora Elisa, fixeron uns proxectores solares, para poder usalos o día 12 de agosto durante a Eclipse Solar.
O 7 de maio, o Planetario Matías Vázquez, con motivo do Día Internacional dos Planetarios, celebra unha xornada de portas abertas.
A actividade desenvolverase de 17.30 a 18.30 horas, ofrecendo unha visita guiada.
É necesario reservar praza a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespinguela/node/412
Establécese un máximo de 2 persoas por reserva, cun límite total de 20 persoas no aforo.
Anímate!
Manuel Andrade, Doutor en Astronomía e Astrofísica do Departamento de Matemáticas Aplicadas da Universidade de Santiago e membro do grupo de Investigación Observatorio Astronómico Ramón María Aller, estivo no IES A Pinguela, para impartir unha moi actual e interesante conferencia que titulou "A eclipse solar total de 2026 en Monforte". Unha comunicación moi útil para axudarnos a preparar o evento do 12 de Agosto, con motivo da Eclipse Solar.
Denomínase tránsito ao paso dun planeta por diante da superficie do Sol. Desde a Terra só se poden ver os tránsitos dos planetas máis interiores: Mercurio (uns 13 por século) e Venus (uns trece por milenio).
Prodúcense cando o Sol, o planeta interior e a Terra atópanse perfectamente aliñados. A rareza destes fenómenos débese á inclinación existente entre as órbitas dos planetas. Fonte: IGN
Sesión no Club de Ciencias: Creación dun simulador de Tránsitos Planetarios.
Instrumento astronómico que serve para determinar a latitude, a lonxitude, a altura ou a posición dos corpos celestes, así como para calcular a hora.
A palabra astrolabio (en latín astrolabivm), provén da palabra grega astro (estrela) e labio (o que busca) e así, etimológicamente, astrolabio significa “o que busca estrelas”. As orixes do astrolabio sitúanse na Grecia clásica. Apolonio (225 AC), foi o gran codificador da seccións cónicas, estudou probablemente a proxección do astrolabio.
O 7 de maio de 1925 se inagura o primeiro planetario do mundo, en Munich, cun proxector estelar Zeiss Modelo I.
O planetario Matías Vázquez, con 35 anos, forma parte tamén desta historia. Facemos un percorrido fotográfico dos seus inicios.
Seguindo a programación do Planetario Matías Vázquez, o día 11 de Febreiro, celebramos no IES A Pinguela, o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Traballamos conxuntamente cos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Textil, Confección e Pel, e Imaxe Persoal para dar vida a dúas mulleres científicas, Antonia Ferrín Moreiras e Sara García Alonso, con algo en común: " A Curiosidade polas Estrelas".
A actividade non se podría realizar, sen a colaboración das nosas alumnas, Laura Gómez, e Paula Sánchez, caracterizadas como as protagonistas da conmemoración.
O alumnado de 2º ESO A+B, coñeceu a vida e logros das dúas científicas.
Perseidas. Agosto de 2024.
Actividade no Planetario Matías Vázquez. O acto foi impulsado polo Club Fluvial de Monforte. Grazas pola visita.