O Planetario Matías Vázquez do IES A Pinguela, realizou unha actividade de observación solar, o día 12 de agosto de 2026, con motivo da eclipse solar total.
Estivemos ao pé da Torre da Homenaxe, no monte de San Vicente, en Monforte de Lemos.
Aquí temos un pequeno adianto do traballo realizado ese día, co telescopio Seestar S30 Pro, ás 20:09 h.
O IES A Pinguela, está a organizar un evento con motivo da Eclipse Solar do 12 de Agosto de 2026.
O lugar no que estaremos para realizar a observación, será ao pé da Torre da Homenaxe, no monte de San Vicente, en Monforte de Lemos.
Na nosa localidade, o inicio da eclipse será ás 19:32 h e finaliza ás 21:23 h, sendo a totalidade ás 20:29 h.
Ven a vivir un momento histórico.