Zoquería e zapatería

As persoas adicadas á zoquería son artesás e artesáns que fan zocos no seu taller. Este tipo de calzado ten unha base de madeira e están feitos cun material especial para que non lles entre humidade nin auga, posto que o clima de Galicia (lugar de orixe) caracterízase por ser chuvioso.

Por outra banda, destaca a zapatería, un oficio no que os zapateiros e zapateiras se encargan da fabricación e reparación do calzado. Co que respecta aos materiais empregados, destacan o coiro e a madeira. Na actualidade segue existindo esta profesión, pero debido ao gran desenvolvemento e auxe das fábricas, a día de hoxe tan so fan arranxos ou traballos a pequena escala.

Fotos da sesión na ARC Os Tilos

Fotos da sesión preparatoria na facultade