Oficios do mar

O oficio de percebeiros/as localízase en Galicia especialmente na zona de Corme, Costa da Morte, Muxía e Fisterre. Principalmente recollen os percebes nas rochas máis próximas ao mar, na zona de rompeolas, para posteriormente poñelos á venta. Históricamente se consideraba un traballo masculino debido á crenza de que as mulleres son demasiado débiles para o traballo. As ferramentas máis utilizadas son as nasas, cordas, bistranzas, navallas... e en relación coa vestimenta traxes de neupreno, pés de gato, guantes, botas...

As redeiras son as encargadas da reparación, fabricación e confección de redes nos portos. Usan fibras naturais e sintéticas, cordas de distintas medidas, fíos de polietileno ou nylon, cables metálicos, navallas, agullas, etc. Adoitaban levar saias e panos na cabeza para protexerse do sol e a chuvia, aunque actualmente realizan o oficio en naves, polo que están protexidas do tempo.

O fareiro ocúpabase antigamente da organización das rutas marítimas, da reparación de embarcacións pequenas e dos amarres e mantemento das instalacións do porto deportivo. Usan instrumentos para arranxar velas e barcos e para o mantemento do pantalán (centralita na que se organizan as saídas e chegadas ao porto). É un oficio ligado aos homes debido á tradición.

O marisqueiro/a realízase por toda a Galicia costeira co obxectivo de obter marisco. Existen dous tipos de marisqueo: a flote ou a pé. A pé necesítase un angazo e dun barreño para depositar o marisco. Para este oficio non existe un traxe específico, xeralmente úsase ropa cómoda, botas de auga e un gorro para cubrir a cabeza. Antigamente considerábase un traballo maioritariamente feminino.

O oficio de pescador remóntase ás civilizacións máis antigas. O seu obxectivo é pescar para vender ou para o autoconsumo de peixe. Existen moitos tipos de pesca: pesca da lamprea, de altura, de baixura, de arrastre... Principalmente necesítanse redes, nasas, arpóns e cebo.

Fotos da sesión preparatoria na facultade


Fotos da sesión na ARC Os Tilos