ACTIVIDADES E RECURSOS

Pescando entre rocas

Para iniciar esta actividade procederemos a explicarlles o oficio dos percebeiros e percebeiras e todo o que carrea o seu traballo. Logo, unha vez feita esta explicación, deberán recoller e despegar os diversos percebes que hai pegados en varias rocas de papel na aula.

MARISQUEIROS

Nesta actividade procederemos a explicar o oficio dos marisqueiros/as polo que collerán dunhas caixas de area só os tapóns que poidan atopar, desvotando aquel material que non o sexa. Así mesmo, con esta actividade tamén estamos a traballar a concienciación do medio natural, así como a reciclaxe, pois temos que ser conscientes do moito lixo que se tira ao mar.

ARRANXANDO REDES

Para dar a coñecer os oficios dos/as redeiros/as, despois de explicar brevemente o seu traballo con apoio fotográfico, poderán indagar cunha nasa, achegándose mentres explicamos o seu funcionamento. Deseguido, procederemos a explicar que hai outro tipo de redes, como as de arrastre, as cales precisan un arranxo porque teñen buratos. Deste xeito, os nenos e nenas deberán coller un anaco de rede e un anaco de lá (previamente cortados os dous materiais) para intentar pasar a lá polos buratos das redes e, desta maneira, conseguir unha rede grande.

a noite no faro

Para finalizar as actividades propostas, como exemplo de volta á calma propoñemos, logo da explicación do oficio do/a fareiro/a, nun túnel, unha de nós meterase no seu interior cunha luz ultravioleta simulando o faro. Con isto, temos que ir esquivando a luz, ben sexa saltando ou agachando, ata quedar completamente deitados/as mirando como xira a luz do faro.

Corre e fuxe que te pesco

En primeiro lugar realizaremos colectivamente un xogo de persecución no que denominaremos a 4 pescadores (dependendo do número de cativos na aula), estes terán que intentar “pescar” ao resto de compañeiros. O neno/a que pille levará na man un pañuelo que o diferencie, cando pille, pasarálle o pañuelo ao compañeiro/a e este pasará a ser o pescador/a.