"Na punta do pé" (Pesdelán, 2010)

"Na punta do pé" é un libro-CD editado por Kalandraka no ano 2010. Fai unha recolla de cantigas, danzas e xogos musicais tradicionais galegos.

Nós, para este proxecto, facemos uso dunha cantiga recopilada neste álbum, chamada "A pulga na palla", para a que Pesdelán fai un arranxo musical e crea unha coreografía en forma de roda que mestura a mímica e a danza.

A melodía da cantiga foi recollida do arquivo de Mini e Mero, dispoñible para consulta grazas ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, iniciativa do Museo do Pobo Galego.

Letra de "A pulga na palla"

A pulga na palla

quíxose casar,

faltáballe o pan,

onde o foi buscar?...


Saíu o raposo

detrás do toxeiro.

Chamádeme a min,

que eu son panadeiro.


Imos todos aprender

os oficios a facer.


Agora, "mi vida",

panciño xa temos,

fáltanos a roupa,

onde atoparemos?...


Saíu, ai! a araña

da súa arañeira.

Chamádeme a min,

que eu son tecedeira.


Imos todos aprender

os oficios a facer.


Agora, "mi vida",

roupiña xa temos.

Fáltannos gaiteiros,

onde os buscaremos?...


E saíu o grilo

ai! do seu grileiro.

Chamádeme a min,

que eu serei gaiteiro.


Imos todos aprender

os oficios a facer.


Agora, "mi vida",

gaiteiro xa temos.

Fáltannos danzantes,

onde os buscaremos?...


E saíu o raposo

por moi abundante.

Chamádeme a min,

que eu serei danzante.




"o piollo e a pulga" pablo díaz

No seu disco "Toc Toc" (Galaxia, 2014), Pablo Díaz fai unha versión semellante á cantiga "A pulga na palla", titulada "O piollo e a pulga". Entre as dúas, hai variacións no léxico e na melodía, mais comparten esencia. Esta canción está dispoñible na lista de Spotify do proxecto "Oficios en Miúdo".

Letra de "O piollo e a pulga"

O piollo e a pulga

querían casar.

Non tiñan panciño

para escomezar.


Saíu a formiga

do seu formigueiro.

Mandaime recado

que eu son panadeiro.


Instrumental


Ai, miña vidiña,

panciño xa temos,

fáltanos carniña,

onde a atoparemos?...


E saíu o lobo

detrás dun outeiro.

Mandaime recado

que eu son carniceiro.

Instrumental


Ai, miña vidiña,

carniña xa temos,

fáltanos os manteis,

onde os atoparemos?...


E saíu a araña

da súa arañeira.

Sígase a voda

que eu son tecedeira.


Instrumental


Ai, miña vidiña,

manteis xa temos,

fáltanos gaiteiro,

onde o atoparemos?...


E saíu o grilo

dende o seu fuxeiro.

Por iso non quede

que eu son gaiteiro.


Instrumental


Ai, miña vidiña,

gaiteiro xa temos,

fáltanos madriña,

onde a atoparemos?...


E saíu a rá

da poza veciña.

Sígase esa voda

que eu son a madriña.


Instrumental


Ai, miña vidiña,

madriña xa temos,

fáltanos padriño,

onde o atoparemos?...


E saíu o rato

do seu buraquiño.

Se prenden ao gato

eu serei padriño.


Instrumental


No medio da voda

con tanto ruído

espertou o gato

e comeu ao padriño.